Pärnuiveingthu.or040wids Rnod282ediommonsa_U oft: da_Pu
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Coordenadas: 58°23′N 24°30′L / 58.383, -24.500
| Pärnu | |||
|---|---|---|---|
| |||
| Centro de Pärnu | |||
| Localización | |||
| País | |||
| Condado | Pärnu | ||
| Xeografía | |||
| Superficie | 32.22 km² | ||
| Demografía | |||
| Poboación | 44 568 (2004) | ||
| Densidade | 1 383,2 | ||
| Outros datos | |||
| Alcalde | Mart Viisitamm | ||
Pärnu (tamén coñecida polo seu nome alemán Pernau)[1][2] é unha cidade de Estonia, situada na costa suroeste no condado de Pärnu. Ten 32.22 km² e 44.568 habitantes. Fundada en 1251, na actualidade é unha cidade turística que acolle a turistas nacionais e finlandeses.
A maioría da poboación é de etnia estoniana (75%), as principais minorías son a rusa (15%), ucraína (2%), finlandesa (1%) e belaruso (1%).
Hai 14 colexios na cidade, deles 2 son en lingua rusa. A cidade conta con 28 médicos de familia e 1 hospital con 410 camas. O concello de Pärnu conta con 33 concelleiros, deles 9 do Partido do Centro Estoniano, 9 do Partido Res Pública, 8 do Partido da Reforma Estonia, 5 da Unión Pro Patria e 2 da Unión Popular de Estonia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Historia de Pärnu en Lonely Planet (en inglés)
- ↑ Enciclopedia España Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pärnu |
|
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |